Inicio

Benvidos/as ó Programa Autocolega, unha iniciativa de mobilidade sostible, promovida polo Green Campus da Facultade de Ciencias da Saúde (FCS) e a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), cuxo obxectivo é que a Comunidade Universitaria da Facultade de Ciencias da Saúde faga os mínimos desprazamentos nun modo de trasporte o máis eficiente posible, limpo e accesible para todos/as.

Por iso este programa trata de que os vehículos privados vaian ocupados ao máximo evitando vehículos cun só condutor, invitando compartir o vehículo a compañeiros/as de estudo ou traballo do Campus.

¿Sabias que…?                                                          

  • O 51,6% dos desprazamentos de curta duración no automóbil -cunha media de ocupación de 1,2 persoas- son por razóns laborais ou de estudo.
  • O 80% da contaminación das cidades debese ás emisións dos automóbiles.Combustible
  • Cada condutor de coche compartido emite unhas 1,2 toneladas ao ano, mentres que cada condutor individual suma un total de 4,6 toneladas.
  • Compartindo coche podes aforrar moito diñeiro, até máis de 4.000 euros anuais no caso de viaxes de máis dunha hora..

Practicar a mobilidade sostible mellora a calidade de vida dos habitantes da túa cidade, xa que contribúe a::

  • Diminuír as emisión contaminantes dos vehículos, nocivas para a saúde e as emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Conseguir un Campus máis silencioso e espazoso que todos e todas  poidamos gozar.
  • Aumentar a rapidez dos desprazamentos, diminuír o estres e as perdas económicas.
  • Fomentar as relacións sociais e o compañeirismo entre persoas que comparten un mesmo interese.
  • Colaborar co Green Campus FCS por un Campus máis sostible.

¡Mais non te esquezas da importancia do transporte público, o uso da bicicleta ou camiñar! Estes sistemas de transporte ocupan menos espazo e contaminan menos que o vehículo privado.

Deja un comentario